vas quedar xeado

temos de todo para todos

xunto á Porta do Camiño

Xearte nace en xullo de 2014 no barrio compostelán de San Pedro, porta de entrada do Camiño de Santiago na cidade. Cada mañá, os aromas deste barrio de extramuros, ao que antigamente chamaban os Estados Unidos, cóanse pola reixa da xeadería que, tan pronto como se abre, contempla un incesante discorrer de pelegríns e veciños que veñen e van. Como non ser unha xeadería cosmopolita?

Así, na nosa carta contamos con sabores autóctonos e do mundo. Quince imprescindibles, quince especiais e quince estacionais compoñen unha oferta na que non faltan sabores de sempre como a nata, o amorodo ou a vainilla; sabores de hoxe como a stracciatella, o doce de leite ou a galleta oreo; sabores autóctonos como a torta de Santiago, o licor café ou o peregrino; e sabores estacionais como o turrón, a castaña ou o requeixo con noces. Todo un deleite para os sentidos que é froito do traballo, a experimentación e o desenvolvemento do noso pequeno obradoiro de San Pedro.

mestra xeadeira

brígida hermida

o camiño dunha vocación

Chámome Brígida Hermida Ferro, aínda que moitos me chaman Brigitte.

Estudei enxeñería agrónoma na Universidade de Santiago, onde me diplomé no ano 2005 e tras ter a honra de realizar dúas estancias con bolsa Sicue nas Universidades de Valencia e Lérida. Precisamente en Lérida especialiceime en xestión ambiental e desenvolvín os cinco primeiros anos da miña carreira profesional.

No ano 2011 retornei a Galicia onde empecei a traballar no sector lácteo e coñecín de primeira man o universo do xeado. Comecei a formarme… Y en 2014 abrín Xearte. Catro anos despois, en 2018, realicei na Universidade de Valencia o Máster en Experto Heladero, obtendo o seu premio extraordinario. E un ano despois, en 2019, fun convidada a formar parte do grupo 20 BajoCero, que reúne a vinte dos mellores mestres heladeros de España.

Na actualidade sigo en constante formación, pois aprender é a miña verdadeira vocación.