TODOS OS CAMIÑOS LEVAN A XEARTE

xeados para xente auténtica

Busques o que busques, en Xearte atoparalo.

Se queres gozar dun xeado totalmente artesán ven a xearte. Se o que che gusta é saborear produtos cento por cento naturais ven a xearte. Se es das persoas que respectan a tradición sen esquecer a innovación ven a xearte. Se crees no valor do auténtico e do autóctono ven a xearte. Se confías na frescura das materias primas de proximidade ven a xearte. Se pensas que cada estación ten os seus sabores ven a xearte e gózaos en cada unha das súas tempadas.

Xeados cento por cento naturais. Xeados cento por cento artesáns. Xeados cento por cento saudables. Xeados cento por cento autóctonos. Para gozalos só tes que visitarnos.

coñecemento e agarimo

A importancia de seguir o camiño das materias primas

Un bo día decidín estudar enxeñería agrónoma. Fíxeno porque me gusta coñecer e agarimar o produto desde a semente ata o froito. E tamén porque creo que a excelencia empeza polo estudo e o coñecemento. Esa crenza inspirou a miña filosofía: o agarimo; o coidado de todo aquilo co que traballas. E como é imposible agarimar sen coñecer, empecei a aprender… A aprender que hai detrás de cada materia prima. A comprender de onde sae e a estudar porque cada produto é como é. Seguramente por iso, por estraño que pareza, toda persoa profesional da xeadería debería coñecer as ganderías de onde sae o seu leite e os pastos que consomen as vacas. Debería saber onde, quen e como cultiva e recolle cada froito cos que logo elabora os seus xeados. Eu fágoo ou. Considero que é unha parte esencial do agarimo e o coidado que require o meu traballo, ademais dunha garantía de calidade, orixe e frescura imprescindible para os meus clientes. É o que ten ser unha “xeadeira agrónoma”.